Canal Rías Baixas

Fomento non autoriza o cruce da N550 para o saneamento de Arcos

CALDAS> A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia vén de comunicar ó Concello que denega a autorización para cruzar a N550

{flowplayer}images/salnes/pp_caldas_arcos.flv{/flowplayer}

CALDAS> A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia vén de comunicar ó Concello de Caldas que denega a autorización para cruzar a N550 e colocar o saneamento da parroquia de Arcos, xa que pretende executar a construción dun enlace a prolongación das vías de servizo.

Para os populares isto é unha nova tomadura de pelo por parte do goberno local. Segundo indicou o popular Jesús Goldar, o executivo municipal lles comunicou en varias ocasións na xunta de portavoces que este asunto estaba arranxado. Os populares urxen unha solución a este problema para garantir a conclusión das obras de saneamento nas que a Xunta está a investir 400 mil euros.

O tamén deputado autonómico do PP presentará nos vindeiros días no Parlamento unha iniciativa na que insta a Fomento a confirmar por escrito que desbota a construción do enlace en Arcos.

O PP denunciou tamén que o Concello vén de recibir unha nova sanción de Augas de Galicia por un vertido ó Río Bermaña. A multa é de seis mil euros e engádese a unha anterior de 2.000 por outro vertido ó río Umia.

Redacción Salnés

Exit mobile version