Canal Rías Baixas

A Xunta busca o máximo consenso para decidir o emprazamento da EDAR

RIBEIRA> A Xunta agarda poder pecha-lo documento sobre a posible ubicación da futura EDAR antes do verán, para poder sacalo a información pública.

{flowplayer}barbanza/depuradoraribeira.flv{/flowplayer}

Dende hai tempo unha das prioridades da Xunta de Galicia é a consecución do tan ansiado saneamento integral de Ribeira. Unha actuación na que levan traballando conxuntamente as consellerías de Medio Ambiente e Mar coa finalidade de buscarlle a mellor ubicación posible a futura estación depuradora de augas residuais.

Segundo explicou o propio titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández, estase a piques de recibi-los últimos informes técnicos que determinen as dúas alternativas posibles, ou ben a construción de dúas depuradoras ou ben unha única.

Agustín Hernández sinalou ademais que a actuación está a ser levada a cabo cabo co maior consenso posible, cun diálogo directo coas confrarías afectadas, primeiras interesadas en mante-la importante riqueza pesqueira e marisqueira da zona, así como tamén co propio concello ribeirés.

Máis inversións

O conselleiro de Medio Ambiente sinalou ademais que o seu Departamento está a traballar tamén noutro proxecto valorado en máis dun millón de euros de cara a mellora-lo saneamento neste municipio e que permitirá a eliminación das augas pluviais da propia rede xeral.

Redacción Barbanza

Exit mobile version