Canal Rías Baixas

O colector de Barraña estará rematado nun 70% antes do verán

BOIRO> Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, durante a visita realizada ás obras.

{flowplayer}barbanza/visitaconselleiro1.flv{/flowplayer}

Agustín Hernández visitou esta mañá as obras do novo colector que se está a construir na praia de Barraña. A actuación, incluída no plan de choque para a eliminación de verteduras ás rías galegas, conta cun orzamento que se achega ós tres millóns de euros e está a ser financiada na súa integridade pola consellería de Medio Ambiente. As obras consisten basicamente na retirada das tubaxes da rede de sumidoiros que ata o de agora permanecían soterradas baixo o areal de Barraña e que serán instalados baixo o paseo marítimo, dende a zona das Colonias ata o peirao de Chouza. Ó mesmo tempo estase a substituir a vella canalización, deteriorada co paso do tempo, por outra nova e cun diámetro máis amplo, co que se evitarán nun futuro os vertidos que se viñan producindo habitualmente na praia.

Na visita puido comprobar a boa marcha das obras, asegurando que do 70% dos traballos que implica esta actuación estarán rematados antes do verán, para evitar así posibles molestias ó importante sector turístico da zona.

Agradecementos

Tanto o alcalde, Xosé Deira, coma o tenente de alcalde, Xoán xesús Ares, agradecéronlle ó Conselleiro a visita e a atención prestada en relación con esta e outras actuacións que o seu Departamento está a desenvolver no municipio.

2ª fase saneamento río Coroño

Agustín Hernández aproveitou a súa visita a Boiro para anunciarlles ós membros do equipo de goberno de que a Xunta sufragará tamén as obras da segunda fase de saneamento do río Coroño. Tal e como manifestou o conselleiro, esta nova actuación para a mellorar as infraestruturas hidráulicas de Boiro implicará un orzamento de máis de oitocentos mil euros, polo que o Goberno Galego reservará este investimento dentro dos seus orzamentos.

A actuación consistirá basicamente en dotar dunha rede de colectores de augas residuais ós núcleos de Mieites, Coroño e a Cuncheira, que actualmente carecen dela, e a súa incorporación no núcleo de Pazos á rede de residuais. Deste xeito, complétase parte do saneamento da conca do río Coroño, dando servizo a máis de cincocentos veciños.

Con esta nova fase dáse continuidade e complétase o proxecto xa iniciado do colector de saneamento do río Coroño, no treito Brazos-Coroño, cuxo orzamento ascendeu a preto dos cincocentos mil euros.

Deficiencias autovía

Outro dos temas analizados durante a xuntanza gardaba relación con pequenas actuacións aínda pendentes neste concello derivadas da construción da autovía do Barbanza como é o caso da apertura de novos accesos a vías e fincas, e tamén canalizacións. Cuestións que o propio Agstín Hernández se comprometeu a solucionar ante a empresa concesionaria da obra.

Redacción Barbanza

Exit mobile version