Canal Rías Baixas

José A. Cacabelos: ‘O Grove é unha vila segura’

O GROVE> O Subdelegado do Goberno en Pontevedra e o Alcalde de O Grove, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade.

{flowplayer}images/salnes/seguridade_grove.flv{/flowplayer} 

O GROVE> O Subdelegado do Goberno en Pontevedra e o Alcalde de O Grove, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade. O Grove é unha vila segura. É a conclusión que resume, segundo o alcalde grovense, José Antonio Cacabelos, a xunta local de Seguridade.

Na vila hai cerca de 12.000 persoas censadas, pero nos meses de verán a poboación chega ata os 30.000, por iso dende o Concello, traballan para lograr a máxima seguridade, acadando dende 2006, unha notable redución que veñen mantendo dende entón.

O Grove será un dos doce concellos adheridos ao convenio de colaboración entre Policía Local e Garda Civil para controlar as vítimas de violencia de xénero. Isto permitiralles, por exemplo, ter control informático directo dos casos con orde de aloxamento. En violencia de xénero as vítimas no Grove son mulleres de entre 25 e 34 anos, os agresores, adoitan ser os maridos e con idades comprendidas entre os 45 e 54 anos. No que vai de ano, formalizáronse seis denuncias.

No que respecta á seguridade viaria, hai catro resolucións firmes con detracción de puntos, a maioría, por exceso de velocidade. Nun deses casos, o condutor ía a unha velocidade de 115 quilómetros por hora no casco urbano, onde o límite é de 50. Subdelegado e alcalde aproveitaron para facer un chamamento á prudencia nos condutores, pois lembraron que as vítimas mortais dos accidentes, son neste orde, por exceso de velocidade, por consumo de alcohol e por non usar o cinto.

Con todo, na Xunta Local de Seguridade constatouse que no Grove hai unha baixa taxa de criminalidade. A media española é de 45,8 por mil. Tamén baixaron os delitos contra o patrimonio, pola mellora da eficacia policial. A media española é de case 16 e no Grove é de menos dun 4 por cento.

Redacción Salnés

Exit mobile version