Canal Rías Baixas

Tomás Fole: ‘Hai vida máis aló do Congreso Local do PP’

VILAGARCÍA> O candidato á presidencia do PP municipal suxire a Javier Puertas que se desexa dispor da sé da rúa Castelao se dirixa á Comisión Organizadora.

{flowplayer}images/salnes/FOLE_POR_CONGRESO.flv{/flowplayer}
 
Hai vida máis aló do Congreso local do PP, ou cando menos, este é o argumento esgrimido por Tomás Fole para responder ás supostas dificultades coas que se está a atopar o outro candidato á presidencia do partido en Vilagarcía, Javier Puertas, para empregar a sé da rúa Castelao e acceder a determinadas listaxes de afiliados. Fole asegura que o uso das instalacións non depende del, senón da Comisión Organizadora do Congreso, que é a que dispón como debe desenvolverse o proceso electoral. Fole aconsella a Puertas que se desexa empregar a sé da rúa Castelao o solicite por escrito á Comisión Organizadora, igual que fixo no momento no que presentou a súa candidatura.
 
En canto ós rumores que apuntan a preferencias dentro do PP provincial pola candidatura do actual presidente da Autoridade Portuaria, Fole, ó igual que Puertas, tamén lles resta importancia.
 
E fronte á consideración de Javier Puertas de que o proxecto do seu contrincante está esgotado, Fole responde remitíndose ós feitos, como foron os resultados acadados polo PP vilagarcián nas últimas eleccións autonómicas, ‘os maiores da súa historia’.
 
Redacción Salnés
Exit mobile version