Canal Rías Baixas

Jarabe de Palo vai actuar na Festa do Viño Tinto de Barrantes

RIBADUMIA> Esta mañá presentouse no Concello de Ribadumia o concerto da Festa do Viño Tinto do Salnés e dentro da programación do Xacobeo 2010. O grupo tocará o día 4 ás 12 da noite na Carballeira de Barrantes e é totalmente gratuíto.

{flowplayer}images/salnes/CONCERTO_TINTO.flv{/flowplayer}

O concerto celebrarase o venres día 4 a partir das 12 da noite na Carballeira de Barrantes e é totalmente gratuíto. Coincide deste xeito coa 38 edición da Festa do viño tinto e da terceira exaltación da conserva.

A alcaldesa subliñou as excepcionais características da Carballeira que permite ver o concerto a través de calquera ángulo. Salomé Peña, afirmou que con esta actuación se pon de manifesto a aposta do concello por ofrecer unha programación de calidade acorde coa calidade dos tintos de Barrantes.

Jarabe de Palo volta a Galicia para ofrecer, nesta ocasión, a súa xira Reciclando Tour, onde se poderá disfrutar dos éxitos do grupo catalán versionados.

O xerente do Xacobeo manifestou o compromiso da Xunta por ofertar todo tipo de eventos para tódolos públicos.

O concello prevé unha gran asistencia ó concerto polo que está preparado para ceder 5 aparcadoiros totalmente gratuítos.

Redacción Salnés

Exit mobile version