Canal Rías Baixas

O xurado declara culpable o veciño de Portas que estrangulou á súa muller

PONTEVEDRA> A Fiscalía solicita 10 anos de cárcera por homicidio contra José Torrado acusado de estrangular á súa muller, María del Carmen Barcala o 20 de decembro de 2008.

{flowplayer}images/salnes/XUIZO_CRIME_PORTAS.flv{/flowplayer}

A vista oral durou unha hora xa que a Fiscalía rexeitou un interrogatorio ós fillos do matrimonio. José Torrado, de 50 anos, xa se confesara á Garda Civil culpable de matar á súa esposa, María del Carmen Barcala, polo que se axilizaron os trámites do xuízo. Desta xeito, a fiscal considerou que estes atenuantes subliñan a aplicación da pena mínima, reducindo de doce a dez anos a petición, dos que se deberán descontar os dous que xa cumpriu en prisión preventiva. A rebaixa da condena se debe, ademais, a concorre a atenuante de confesión ante os axentes da autoridade antes de que se soubese o feito.

 O crime ocorreu o 20 de decembro de 2008 cando María del Carmen Barcala regreso a casa tras finalizar a súa xornada laboral no restaurante San Martín de Curro, en Barro. Eran as catro e media, e ambos discutiron como outras veces, porque a el non lle gustaba que a súa esposa chegara tan tarde a casa. Segundo a Fiscalía, o acusado a agarrou polo pescozo fortemente, coa intención de atentar contra a súa vida, ata que de forma moi rápida, lle causou a morte por estrangulamento.

O fillo maior, que naquel entón tiña 22 anos, alertou ós servizos de emerxencia sobre a agresión pero cando a ambulancia e a Garda Civil chegou á vivenda só puido certificar a morte. Minutos máis tarde, a benemérita localizou a José Torrado cando deambulaba por un cruce de estradas, e confesou ser o autor do crime. O 21de decembro de 2008 pasou a disposición xudicial en Caldas de Reis, negándose a declarar.

O matrimonio xa tivera varias discusións fortes días antes do fatídico suceso. Incluso a vítima chegou a manifestarlle a algún dos seus fillos que o seu pai lle intentara afogar e que tiña medo. O fillo maior separou ó seu pai nalgunha ocasión cando tiña agarrada e María Del Carmen, que lle manifestara a súa intención de separarse. Dada a actitude de José Torrado, os fillos lle obrigaron a durmir noutra habitación.

Ademais dos 10 anos, a fiscal solicita unha indemnización de 30.000 euros para cada un dos 6 fillos, mantivo a petición de que o acusado continúe pagando a hipoteca da vivenda onde residen.

Redacción Salnés

Exit mobile version