Canal Rías Baixas

A Protectora de Animais sofre o cuarto roubo do ano

VILAGARCÍA> As perdas superan nesta ocasión os 2000 euros. Desde a canceira solicitan ó concello máis medidas de seguridade.

{flowplayer}images/salnes/roubo_canceira_vilagarcia.flv{/flowplayer}
 
Unha mesa de quirófano, vacinas e medicamentos pra os cans ou material de oficina son algúns dos obxectos dos que terán que prescindir, a partir de agora, na Protectora de Animais de Vilagarcía. Todo, ocasionado por un roubo a pasada fin de semana. A responsable do refuxio, María García, lamenta que os roubos que padecen con tanta frecuencia débense a que non contan cun sistema de seguridade que vixíe as instalacións durante as fins de semana. Por iso, a afectada solicita ó concello de Vilagarcía que se responsabilice e que acondicione o recinto.
 
Se a situación xa era crítica para esta protectora, agora agravouse máis. O comezo da época estival e a situación de crise provocou que o refuxio se atope desbordado de traballo. Só a semana pasada acolleron quince cans.
 
Agora, a traballadora do refuxio de Pinar do Rei agarda a que a Policía Nacional atope ós responsables.
 
Redacción Salnés
Exit mobile version