Canal Rías Baixas

Rosa Quintana preside a entrega das Vieiras de Ouro e Prata

CAMBADOS> Os cambadeses despedironse da 9ª edición da Festa de Exaltación da Vieira. O último acto  foi a xa tradicional entrega dos premios que recoñecen o labor relacionado co mar cambadés de personaxes da localidade.

{flowplayer}images/salnes/FESTA_VIEIRA.flv{/flowplayer}

Despois dunha fin de semana dedicada a este marisco, Cambados pechaba un ano máis as celebracións cunha comida no parador da localidade. Preto de 150 persoas reuníronse para participar do xantar e da entrega das Vieiras de Our oe Prata; uns premios que este ano recaeron en Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, na propietaria do restaurante cambadés “Posta do sol”, Amalia Durán, e na Asociación Esperanza Salnés, un colectivo adicado á axuda de nenos con discapacidades.

O verdadeiro protagonista do evento foi o mar, que estivo presente nos discursos de agradecemento dos premiados e das autoridades que participaron do acto. Rosa Quintana tamén referiuse á importancia deste medio, e proclamouse como a maior defensora dos produtos do mar.

Na clausura, as autoridades resaltaron a importancia da captura da vieira para o porto de Cambados no 2010. durante este ano, o volume de capturas situouse preto dos 75.000 quilos, o que supuxo unha facturación de case 300.000 euros.

Redacción Salnés

Exit mobile version