Canal Rías Baixas

Preto de 800 persoas participaron sen éxito na batida en busca de Sonia

PONTEVEDRA> Amigos, veciños e familiares percorreron a zona de A Xunqueira de Alba, a Illa das Esculturas, Campañó e o Lago de Castiñeiras.

{flowplayer}images/salnes/BATIDA_SONIA_IGLESIAS.flv{/flowplayer}
 
Durante toda a mañá do domingo a batida organizada por amigos, compañeiros de traballo e veciños da familia de Sonia Iglesias rematou sen boas novas. Unhas oitocentas persoas percorreron a zona de A Xunqueira de Alba, a Illa das Esculturas, Campañó e o Lago de Castiñeiras.
 
A Policía Nacional, Autonómica e voluntarios de Protección Civil capitanearon cada un dos grupos que se despregaron polos montes de Pontevedra, Poio, Marín e Vilaboa. As labores de busca finalizaron sen éxito.  A pontevedresa xa leva trece días desaparecida.
 
Polo momento, os voluntarios de Protección Civil están á espera de recibir novas ordes da Policía Nacional, encargada do caso.
 
As manifestacións de apoio á familia continúan. Mañá ás nove da noite a asociación veciñal Boa Vista concentrarase diante do comercio no que traballaba Sonia. Ademais, os seus compañeiros de Massimo Dutti manifestacións tódolos mércores por diferentes rúas de Pontevedra desde a Ferrería.
 
Redacción Salnés
Exit mobile version