Canal Rías Baixas

Durán asegura estar satisfeito co conxunto das medidas do POL

VILANOVA> O concello sinala a baixada da liña de protección costeira na zona das Sinas como o maior logro das negociacións.

{flowplayer}images/salnes/POL_VILANOVA.flv{/flowplayer}

A baixada da liña de protección costeira na zona das Sinas, é o maior logro sinalado polo alcalde. Para Gonzalo Durán, as numerosas reunións mantidas coa Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, conseguiron que o goberno autonómico aceptase a baixada do límite de afección do Plan de Ordenación do Litoral situado a 500 metros á beirarrúa interior da actual estrada.

O executivo vilanovés sae así ó paso das declaracións vertidas polo BNG do municipio. Os nacionalistas, acusaron ó goberno local de mala xestión das alegacións ó POL.

O alcalde amosouse satisfeito coas negociacións, e adiantou que dende o concello xa presentaron novas peticións. Esta vez, a nivel estatal.

Aínda que dende o goberno de Vilanova aseguran que hai cousas que se poderían mellorar do documento, decláranse satisfeitos co seu conxunto.

Redacción Salnés

Exit mobile version