Canal Rías Baixas

Ducias de veciños renderon homenaxe á Virxe da Mercé

POBRA> Os actos principais desta celebración foron a misa solemne e a procesión, aínda que os asistentes puideron desfrutar tamén de diversas actuacións musicais e unha xornada en familia.

{flowplayer}barbanza/romeriamerce.flv{/flowplayer}

Está claro que a Virxe da Mercé esperta unha gran devoción entre os veciños da Pobra. Cada 24 de setembro, ducias de persoas acoden ata a capela para render honra á santa participando nos oficios relixiosos.

Trala misa e a procesión, os asistentes permaneceron no contorno da capela desfrutando de diversas actuacións musicais. Ademais desenvolvéronse eucaristías dende as nove da mañá e pola noite volveu saír a procesión. Os actos de celebración xa comezaron onte cun rosario de candeas cantado polo coro da Nosa Señora do Loreto.

Redacción Barbanza

Exit mobile version