Canal Rías Baixas

Hostaleiros e comerciantes pechan obrigados polos piquetes

SALNÉS> Desde primeira hora da mañá a maioría os comercios e restaurantes do Salnés permaneceron pechados.

{flowplayer}images/salnes/HOSTALERIA_COMERCIO.flv{/flowplayer}

Indignación entre os comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía. Desde primeira hora da mañá puidéronse ver polas diferentes rúas da localidade a maioría dos establecementos pechados. Estes empresarios recoñeceron que non puideron abrir porque o impediron os piquetes coma ocorreu no Centro Comercial ou nas tendas das principais rúas do municipio.

A praza de Abastos tamén permaneceu pechada, as grandes superficies alimenticias tamén pecharon as portas pero algún agudizou o seu inxenio e puideron realizar o seu traballo.

A pesares dos impedimentos dos piquetes a abrir as portas no sector do comercio, moitos empresarios recoñeceron que ían agardar a que os piquetes se retirasen para poder iniciar a xornada de traballo e que non apoiarían a folga.

Redacción Salnés

Exit mobile version