Canal Rías Baixas

O 80% dos traballadores do Salnés secundaron a folga xeral

SALNÉS> Miles de persoas acudiron á manifestación convocada pola CIG e á de CCOO e UXT en Vilagarcía. Ambas remataron na Praza de Galicia.

{flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_SALNES.flv{/flowplayer}
 
Mentres, CCOO e UXT ultimaban os detalles da súa convocatoria diante da praza do concello. Miles de persoas participaron en ambas marchas que remataron na praza de Galicia. Por iso, os representantes sindicais a afirmaron que a folga no Salnés foi todo un éxito.
 
Segundo o concello vilagarcián, o paro entre os empregados municipais situouse en torno ó 50 e o 60%. Na Deputación pontevedresa, só secundaron a convocatoria un 22,5% dos efectivos. Ante o apoio co que contou a folga xeral, as plataformas sindicais agardan acadar os obxectivos polos que se iniciou o movemento.
 
A xornada transcorreu sen incidentes de importancia, só membros da CIG denunciaron un intento de atropelo contra un dos seus piquetes informativos. A medida que avanzou a tarde, foi diminuíndo a presenza de piquetes aínda que algúns se mantiveron ata o peche dos comercios.
 
 
Redacción Salnés
Exit mobile version