{flowplayer}barbanza/folgacomerciobarbanza.flv{/flowplayer}
O paro xeralizado nas grandes empresas das zonas do Barbanza e Muros-Noia, provocou que a presenza de piquetes fora maior no sector comercio onde o seguemento da folga se fixo dun xeito máis irregular. A maioría dos comercios e establecementos hostaleiros destas dúas comarcas optaron por abrir as súas portas con total normalidade, senón a primeira hora ó longo de toda a mañá.
Enfrontamentos
Na praza de abastos de Boiro vivíase tamén a primeira hora desta mañá un pequeno enfrontamento entre os piquetes e unha vendedora de peixe que decidira abrir o seu posto. A presenza da Garda Civil impediu que o conflito fora a maiores.
Redacción Barbanza