Canal Rías Baixas

Caixanova axuda á dinamizar a Ruta do Viño Rías Baixas

PONTEVEDRA> A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas e Caixanova renovaron hoxe o seu convenio de colaboración para a promoción das…

{flowplayer}images/salnes/convenio_ruta_vino_rias_baixas.flv{/flowplayer}

… actuais seis rutas do viño Rías Baixas. Este acordo ten por obxectivo principal buscar novas fórmulas de promoción e venda, non só dos caldos que se producen no seo desta Denominación de Orixe, senón tamén ampliar ás canles de promoción do turismo vencellado ás zonas de producción dos mesmos. No marco deste acordo, Caixanova contribuirá á posta en marcha de accións de promoción, difusión e comercialización dos distintos itinerarios que conforman a ruta do Viño Rías Baixas, mediante actividades como a organización de eventos para dar a coñecer as adegas e os viños amparados por esta DO, así como a oferta turística e de restauración da zona.

Ámbalas dúas partes impulsarán a celebración conxunta de actos, conferencias, exposicións, cursos ou reunións de traballo que axuden a impulsar o enoturismo neste ámbito xeográfico. Deste xeito, a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas ampliará as súas posibilidades de negocio, contribuíndo á desestacionalización do turismo na zona.

Pola outra banda, os clientes da entidade financeira Caixanova recibirán un trato preferente á hora de contratar productos enoturísticos desta ruta.

Redacción Salnés

Exit mobile version