Canal Rías Baixas

O novo hospital podería estar finalizado en 36 meses

PONTEVEDRA> Dende a Xunta aseguran que se están cumprindo os prazos para os trámites. As obras poderían comezar no 2011.

{flowplayer}images/salnes/FARJAS_QUIROFANOS_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

O proxecto básico para a construción do novo hospital de Pontevedra, está a afrontar as súas últimas semanas de elaboración. Os seguintes pasos serían a aprobación do plan sectorial e de declaración de interese supramunicipal, a licitación e o proceso de expropiación dos terreos para o novo centro.

Segundo a conselleira de Sanidade, a Xunta está a cumprir todos os prazos de execución. Pilar Farjas amosouse moi positiva polo avance das xestións, que de manter o ritmo permitirían ó goberno autonómico comezar as obras o próximo 2011.

A responsable do servizo sanitario galego realizou estas declaracións durante unha visita ás obras de mellora que se están a realizar en tres quirófanos do hospital provincial de Pontevedra. Os pacientes de xinecoloxía, oftalmoloxía e dermatoloxía beneficiaranse das novas instalacións, nas que a Xunta invertiu máis de 2 millóns de euros.

Dúas ou tres semanas foi o prazo sinalado por Pilar Farjas para que os quirófanos poidan reanudar a súa actividade.

Redacción Salnés

Exit mobile version