Canal Rías Baixas

Vilanova e Portos asinan a acta previa de ocupación de Charpo

VILANOVA> Tralo derribo da nave, da que se encargará Portos de Galicia, o concello terá que asinar un convenio de cesión dos terreos.

{flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_CHARPO.flv{/flowplayer}

O concello de Vilanova ven de asinar a acta previa de ocupación do terreo que ocupa actualmente a nave Charpo xunto a representantes de Portos de Galicia e os administradores xudiciais da nave. Deste xeito, dáse un paso máis neste proceso para a construción do Teatro Valle-Inclán na antiga conserveira.

A partires de aquí, Portos de Galicia terá que facer o depósito correspondente á expropiación e sacar a contratación as labores de derribo da nave. Despois deste paso, o alcalde manifestou a súa satisfacción e asegura que están cumprindo os prazos.

Unha vez que sexa expropiado o terreo, o concello terá que asinar un convenio con Portos de Galicia para que lle cedan os terreos para a construción do Teatro Valle Inclán. Por iso, os terreos seguirán pertencendo a Portos.

Para seguir avanzando nos trámites a seguir neste proceso de expropiación dan antiga conserveira Charpo, o alcalde informou que nos vindeiros días reuniranse co Presidente de Portos de Galicia.

Redacción Salnés

Exit mobile version