Canal Rías Baixas

A conserveira Alfageme, abocada á liquidación

SALNÉS> Os actuais administradores propuxeron onte ós sindicatos a negociación dun ERE extintivo.

{flowplayer}images/salnes/NEGOCIACION_ERE_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

A falta de compradores, dun plan industrial sólido e de cooperación por parte da familia Lago, sitúan a conserveira ó borde da liquidación. Onte, os actuais administradores de Alfageme presentaron ás plataformas sindicais un auto do xulgado no que se aprobaba o trámite dun ERE extintivo. Agora, os actores implicados comezarán coas negociacións das condicións.

Despois de meses de loita para evitar a desaparición do grupo, CIG e Comisións Obreiras coinciden en sinalar a liquidación como a mellor saída para intentar manter parte dos postos de traballo, xa que existen empresas que amosaron o seu interese na compra da conserveira durante o proceso de liquidación. Unha opción que, sen embargo, o sábado era rexeitada pola CXT.

Na actualidade, a empresa está sometida a un ERE suspensivo, que remata o vindeiro día 16. Os sindicatos poderían negociar a súa prolongación, pero esta non se ve como a mellor opción polas escasas posibilidades da empresa.

A pesares das opinións dos sindicatos, Rosa Abuín e Fernando Ramos coincidiron en sinalar en que a última palabra sobre a decisión que se tome partirá dos traballadores, cos que se reunirán os vindeiros días.

Redacción Salnés

Exit mobile version