Canal Rías Baixas

O BNG pide a creación da praza de arquitecto municipal

RIANXO> O BNG demandaralle ó goberno que inclúa unha partida orzamentaria para a creación da praza de arquitecto municipal.

{flowplayer}barbanza/bngrianxoarquitecto.flv{/flowplayer}

Os nacionalistas rianxeiros denuncian que dende o ano 2007 son xa catro os arquitectos municipais que estiveron desempeñando este cargo. Todo un indicativo, segundo eles da importancia que lle dá o equipo de goberno a este departamento.

Para o BNG a área de urbanismo debería ser fundamental dentro do ámbito de competencias municipais. Máxime no momento actual, iniciados os traballos de redacción do novo PXOM, o seguimento e control dos labores da empresa redactora non poden quedar en mans dun arquitecto provisional nin tampouco vinculado a proxectos privados na comarca pois vai manexar información moi delicada que require obxectividade e independencia.

Por esta razón solicitaranlle ó executivo a apertura dun proceso de selección dunha praza de funcionario para garantir a estabilidade neste posto.

Redacción Barbanza

Exit mobile version