Canal Rías Baixas

PSOE e BNG piden o cese de Telmo Martín polo caso Construcuatro

PONTEVEDRA> A figura do cabeza de cartel por Pontevedra para os vindeiros comicios municipais, Telmo Martín volve a estar en entredito.

{flowplayer}images/salnes/construcuatro.flv{/flowplayer}

Tralos pasados rumores sobre a súa posible participación na trama Gurtel, arestora os dous partidos da oposición no Parlamento Galego, tanto os socialistas como os nacionalistas cuestionan a súa idoneidade como alcaldable pola cidade do Lérez. Esta postura xorde a raíz da multa que ven de impoñer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras á promotora Construcuatro, da que Telmo Martín é socio con outros dous empresarios.

Están sanción de 2.47 millóns de euros sería a resposta administrativa a un encarecemento ilegal de varios pisos de especial protección no polígono de Navia en Vigo; cantidade á que habería que engadir uns 1.23 millóns de euros que a empresa debería devolver ós compradores destes pisos. Preguntados por esta cuestión, Telmo Martín, pediu prudencia á espera de como se resolvan os futuros acontecementos.

Martín cualificou a proposta do PSOE e do BNG de prantexar ó presidente do PP a nivel autonómico, Núñez Feijóo, o seu cese como candidato como unha resposta de “pánico electoral” que desde ámbolos dous partidos adoecen ante as proximidades das eleccións.

Redacción Salnés

Exit mobile version