Canal Rías Baixas

A nova póliza cubrirá as súas necesidades reais

CAMBADOS> Tras anunciar esta mesma semana os cambios no seguro de responsabilidade civil para os armadores, a Conselleira do Mar falou da nova póliza para o marisqueo.

{flowplayer}images/salnes/RosaQuintanaLonxaCambados.flv{/flowplayer}

Rosa Quintana visitou esta tarde a lonxa de Cambados xunto coa Asociación de xubilados e pensionistas de Santiago no marco do programa “Mar Achega”. Co que a consellería pretende potenciar o consumo do peixe e o marico galego.

Quintana aproveitou para anunciar que probablemente a vindeira semana poderá concretar algo máis sobre o seguro para as mariscadoras que era o que faltaba por concretar despois de que anunciara os cambios no seguro de responsabilidade civil para os armadores.

Ademáis, con respecto o mal inicio da campaña da centola a conselleira quixo deixar claro que recursos hai e que os motivos de non coller máis centola poden ser outros. A Conselleira aproveitou a visita para falar cos participantes na visita e cos pescadores.

Redacción Salnés

Exit mobile version