Canal Rías Baixas

O PPdeG sostén que o novo canon incentivará o consumo responsable

RIBEIRA> O voceiro parlamentario do PPdeG compareceu publicamente para aclarar os termos do novo canon da auga aprobado pola Xunta de Galicia.

{flowplayer}barbanza/ruizcanonauga.flv{/flowplayer}

Fíxoo para saír ó paso das declaracións de certos grupos da oposición como o BNG que, segundo dixo, está a alarmar á opinión pública con información enganosa.

Manuel Ruíz iniciou a súa intervención aclarando que non se crea un novo canon senón que se substitúe o de saneamento que existía ata o momento. A modificación débese á obriga establecida por unha directiva europea que establece que o recibo da auga incluirá tódolos custos de subministro, incluíndo o tratamento e xestión de augas residuais co fin de conquerir un saneamento integral de cara ó 2015.

Bonificacións

Con respecto ó suposto pago polas captacións privadas, do que dende hai semanas vén informando o BNG, o voceiro dos populares aclarou que a lei establece para as comunidades de usuarios, traídas veciñais e pozos particulares unha bonificación do 90 por cento. A súa recadación non resulta rendible para a administración polo que nin sequera se chegará a cobrar e nin moito menos haberá que instalar contadores.

Consumo responsable

Lonxe do alarmismo creado polos nacionalistas, dende o PPdeG explican que o novo canon incentivará o consumo responsable xa que en lugar de ser lineal, o gasto medirase de xeito progresivo, en función do número de residentes en cada vivenda e con bonificacións para as familias numerosas.

Do mesmo xeito, os usos agrícolas, gandeiros e forestais quedarán exentos do pagamento.

Redacción Barbanza

 

Exit mobile version