Canal Rías Baixas

O quilo de percebe non acada máximos a tan só dous días do Nadal

RIBEIRA> Os percebeiros de Aguiño traballan a reo estes días para surtir ós mercados dun dos produtos máis cotizados para o Nadal.

{flowplayer}barbanza/percebeiros.flv{/flowplayer}

Dende primeira hora da mañá, os percebeiros da confraría de Aguiño xogaron a vida entre as rocas para apañar un dos mariscos estrela destas festas. Traballan dende primeiros de novembro na zona de Sagres e Sálvora e aínda que o percebe é bastante bo, non acada os tamaño nin os prezos da pasada campaña de Nadal. 

Ó longo desta semana seguirán saíndo a faenar a diario. Agardan que os prezos repunten canto máis se achega a Noiteboa pero teñen claro que é imposible acadar cotizacións similares ó ano anterior.

Prezos razoables

Na subhasta desta tarde o quilo acadou un mínimo de 28 euros e un máximo de 151. Uns valores que dende o pósito consideran positivos. De cara ós próximos días os percebeiros son optimistas e consideran que se poden mellorar as cotizacións debido á a demanda dos restaurantes para fin de ano.

Redacción Barbanza

Exit mobile version