Canal Rías Baixas

Os mariñeiros reclaman máis vixilancia para frear a vaga de roubos

RIBEIRA> Nas últimas semanas véñense rexistrado numerosos roubos nas embarcacións menores amarradas nos pantaláns de Ribeira.

{flowplayer}barbanza/rouboslanchasribeira.flv{/flowplayer}

Dende hai tempo as lanchas amarradas nos pantaláns da dársena ribeirense están a sufrir constantes roubos. A situación veuse ademais agravada nas últimas semanas cun incremento notable neste tipo de feitos.

Entre os obxectos roubados figuran equipos GPS, UHF ou sondas, aparellos imprescindibles hoxe en día para o traballo dos mariñeiros cun custe importante no mercado.

Videovixilancia

Dende o pósito ribeirés sinalan como única solución ó problema a instalación de cámaras de vixilancia nos pantaláns, unha solicitude que xa lle foi trasladada a Portos de Galicia en máis dunha ocasión.

Redacción Barbanza

Exit mobile version