Canal Rías Baixas

As mascotas engalánanse para recibir a bendición de San Antón

VILAGARCÍA> A igrexa parroquial converteuse no punto de encontro para medio centenar de animais cos seus donos.

{flowplayer}images/salnes/REPOR_BENDICION_ANIMAIS.flv{/flowplayer}

Lucindo as súas mellores galas e acompañados polos seus donos. Así foi como se prepararon cans de todas as razas e idades, gatos, paxaros e incluso un cordeiro para participar dun acto completamente dedicado a eles.

Os animais foron hoxe os protagonistas dunha misa moi especial na igrexa parroquial de Vilagarcía. Ó redor de medio centenar, sobre todo cans, reuníronse para celebrar o día do seu patrón, San Antón, preparados para recibir unha auga bendita cargada de boas intencións.

Durante a celebración da liturxia, na que o párroco procurou sensibilizar sobre a importancia de respectar os animais, non faltaron os nervios nin protestas dos protagonistas. A pesares de que moitos repetían, para outros foi o seu primeiro día de San Antón.

E ó rematar a liturxia, donos e mascotas retiráronse do atrio, coa esperanza de que San Antón coide duns e doutros ata o ano que ven.

Redacción Salnés

Exit mobile version