Canal Rías Baixas

Piden para Rei Romero o Día das Letras Galegas de 2012

RIANXO> Os nacionalistas rianxeiros fanse eco así do traballo iniciado por diferentes intelectuais e entidades culturais de toda Galicia que defenden esta proposta.

{flowplayer}barbanza/bngrianxoreiromero.flv{/flowplayer}

Dende o BNG rianxeiro considérase que na figura de Faustino Rei Romero coinciden varias das peculiaridades que esixe a Real Academia Galega a un autor para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas, tanto pola súa obra literaria, especialmente poesía, como pola súa vertente de activista cultural, ó ser un dos fundadores do Ateneo Ullán ou un dos impulsores da celebración da Romaría Vikinga.

Programación especial

Coincidindo ademais cos 90 anos do seu nacemento e cos 40 do seu pasamento, os nacionalistas reclaman tamén que se realice na localidade unha especial programación cultural sobre este autor.

Redacción Barbanza 

Exit mobile version