Canal Rías Baixas

Malestar en Corrubedo polo estado do vial que conduce ó faro

RIBEIRA> Dende hai tempo a estrada AC-305 que vai ata o faro de Corrubedo presenta un estado lamentable, ó atoparse chea de baches e socavóns.

{flowplayer}barbanza/bachesestradacorrubedo.flv{/flowplayer}

Nun tramo de aproximadamente dous quilómetros de distancia, entre o núcleo de Corrubedo e o faro, atopámonos con innumerables baches e socavóns, algúns deles de importantes dimensións, polo que a circulación de vehículos que habitualmente transitan por esta estrada é verdadeiramente dificultosa, constituíndo un serio risco, tanto para os condutores como para o estado dos seus automóbiles. O problema xa era grave, pero a raíz das chuvias caídas durante este inverno, a situación empeorou considerablemente.

Último incidente

Un dos últimos incidentes acontecidos nesta estrada producíase no día de onte, cando un vehículo que circulaba pola zona sufriu importantes danos nunha das súas rodas despois de caer nun dos numerosos baches existentes.

Reparación urxente

Os veciños non entenden como unha estrada que conduce a un lugar tan emblemático como é o faro de Corrubedo poida presentar este estado tan lamentable, polo que reclaman unha actuación urxente.

Redacción Barbanza

Exit mobile version