Canal Rías Baixas

175 anos de goberno provincial en Pontevedra

PONTEVEDRA> Persoeiros políticos e funcionarios celebraron o aniversario da Deputación e a inauguración do novo edificio.

{flowplayer}images/salnes/ANIVERSARIO_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

Políticos e funcionarios provinciais reuníronse esta mañá para celebrar por adiantado o aniversario da Deputación pontevedresa. Tal día como mañá hai 175 anos, 12 de febreiro de 1836, fundábase na capital de provincia este ente. Unha institución que hoxe foi defendida polo seu presidente.

A creación do organismo Turismo Rías Baixas, a constitución do ORAL, a nova Escola de Canteiros ou o novo Pasarón ou, foron algúns dos traballos que Louzán quixo destacar no acto de hoxe, incidindo na importancia do diálogo cos concellos.

Nesta liña, o Conselleiro de Presidencia sinalou o contexto de crise económica como o momento para fomentar as actuacións da Deputación.

No acto tamén se inaugurou o antigo edificio de Educación e última adquisición da Deputación de Pontevedra, unha sé que acollerá departamentos do goberno provincial como o de comercio, vías e obras ou servizos sociais, e que estará dispoñible para os diversos colectivos que o precisen.

Redacción Salnés

Exit mobile version