Canal Rías Baixas

O debate sobre o uso de armas da Policía Local, toma o pleno

MEAÑO> Representantes sindicais e axentes municipais esixen que o concello convoque a praza de xefe do corpo.

{flowplayer}images/salnes/PLENO_MEANO.flv{/flowplayer}

O debate que se estableceu entre os representantes da Policía Local e a corporación meañesa, non conseguiu achegar as posturas enfrontadas. Despois de que o concello fora obrigado por unha sentenza a mercar armas para os seus axentes municipais, o goberno local non subministra as balas necesarias. Unha situación para a que onte no pleno, que se celebrou á luz de dúas lanternas debido a un apagón xeral, esixiron solución.

Tamén foi branco de críticas a non existencia dun xefe de policía. Esta figura está a ser substituída por coordinadores, axentes para os que se establece un plus no salario, pero cuxo posto non se recolle na lei.

A estas alegacións, o sindicato Comisións Obreiras sumou outra relacionada co posto de xefe da Policía Local, centrándose na non convocatoria da mesa sindical.

A pesares do apoio na sala dunha trintena de representantes sindicais da Policía Local e de axentes doutros municipios, ambas alegacións foron finalmente desestimadas a proposta da alcaldía. Finalmente, un gas lacrimóxeno obrigou a paralización do Pleno e o desaloxo do salón durante cinco minutos.

Redacción Salnés

Exit mobile version