Canal Rías Baixas

Ravella elimina as gratificacións dos traballadores municipais

VILAGARCÍA> A medida foi aprobada por tódolos partidos políticos salvo por IVIL, que se abstivo da votación.

{flowplayer}images/salnes/FIN_GRATIFICACIONS_EXTRAORDINARIAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

A decisión foi froito do traballo realizado pola comisión de portavoces creada especialmente para analizar o capítulo de gratificacións tralo último pleno do 2010.

Na primeira xuntanza que mantiveron no mes de xaneiro analizaron toda a documentación relacionada, mentres que, na seguinte reunión, o pasado 22 de febreiro, acordaron eliminar ditas gratificacións individualizadas que non estiveran contempladas nin no acordo marco nin no convenio colectivo.

A medida contou co apoio de tódalas formacións salvo a de IVIL, que se abstivo da votación. As premisas que os levaron a adoptar este acordo foron dúas: o aforro e contención do gasto público e o principio de igualdade dos traballadores.

E é que algúns traballadores municipais levan máis de vinte anos recibindo estas retribucións extraordinarias xa que a medida se remonta a varias lexislaturas. José Membrives confesou que, hoxe en día, non teñen xustificación para a súa existencia.

De momento os traballadores non foron informados desta acción xa que segundo informou o edil de Persoal están pendentes da redacción da acta definitiva da última xuntanza.

A medida será entón eliminada definitivamente mediante unha resolución que terá que ditar a alcaldía.

Redacción Salnés

Exit mobile version