Canal Rías Baixas

Medio Rural mellorará os accesos á praia da Mercé

A POBRA> O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, realizou unha visita A Pobra para anunciar  compromisos en materia de saneamento e  mellora de viais.

Ás portas da casa consistorial o titular de Medio Rural foi recibido polo alcalde, Isaac Maceiras, e demais membros do equipo de goberno. Xa no interior do concello, e despois de asinar no libro de honra, o rexedor pobrés agradeceulle os investimentos realizados polo seu departamento neste municipio ó longo do último ano e medio. Con importantes actuacións de abastecemento de auga, saneamento e pavimentación de camiños que supuxeron un investimento de máis de 200 mil euros.

{flowplayer}/barbanza/visitajuarezpobra.flv{/flowplayer}

O conselleiro aproveitou a visita para anunciar novas actuacións neste concello, que comezarán a executarse de inmediato, relacionadas tamén coa mellora de infraestruturas viarias e saneamento.

É o caso da pavimentación e acceso ó lugar de Campo Angustia, a pavimentación do contorno da Tomada ou o saneamento no vial do Campo a Xunqueiras, que contempla tamén a recollida de pluviais.

Outra obra a executar será a mellora dos accesos dende a estrada AC-305 á praia da Mercé.

Redacción Barbanza

Exit mobile version