Canal Rías Baixas

Abre en Vilagarcía o Spaf Mr. Misto, nova sé do audiovisual galego

VILAGARCIA> A empresa de producción e distribución audiovisual Mr. Misto Films ven de abrir un local en Vilagarcía, o chamado Spaf Mr. Misto,…

{flowplayer}images/salnes/mr_misto.flv{/flowplayer}

 … no baixo número 23 da rúa Vista Alegre. Esta sé ven a ser un novo punto de encontro físico para todos aqueles que teñan algunha certa vocación ou necesidade en torno ó sector da comunicación audiovisual.

Desde o seu nacemento a raíz dun máster estudiantil no 2003, esta empresa de producción e distribución audiovisual foi quen de revolucionar o panorama galego; primeiro ca gravación, promoción e distribución de curtametraxes, logo con cursos de formación e mesmo ca invención e posta en marcha dun cine itinerante para cativos, a Caixiña dos Mistos; que, tralo éxito colleitado nos nosos Concellos, continúa agora a súa andaina por outras comunidades españolas.

E é que a cabeza dos de Mr. Misto Films non para de argallar novas ideas inéditas sempre vencelladas a este sector, como por exemplo o curso que preparan para Semana Santa.

En breve, Mr. Misto abrirá unha nova páxina web que será quen de exportar a calquera lugar do mundo os traballos audiovisuais made in Galicia.

Redacción Salnés

Exit mobile version