Canal Rías Baixas

Descobren un manancial de augas mineiro medicinais nas Lombas

CATOIRA> As augas, descubertas ó carón do campo de fútbol, teñen propiedades terapéuticas. A máis destacada é a dermatolóxica.

{flowplayer}images/salnes/ESTUDO_AUGAS_MEDICINAIS_CATOIRA.flv{/flowplayer}

Os estudos xeofísicos para localizala bolsa de auga mineral medicinal comezaron no ano 2002. As múltiples análises que se fixeron desde entón revelan, tal e coma sinalaron os técnicos, que se trata dunhas augas con máis propiedades terapéuticas que as do manacial das Laxiñas. Unhas augas que foran declaradas de utilidade no ano 1907.

O alcalde destacou que se trata dunha boa nova para a vila e para o sector turístico. Ademais, sinalou que a longo prazo estudarán a posibilidade de creación dun balneario. Primeiro, as augas terán que ser declaradas medicinais.

Por iso, esta mañá presentaron na Xunta a solicitude de declaración da condición de mineiro medicinal para o manancial descuberto.

Redacción Salnés

Exit mobile version