Canal Rías Baixas

‘Escolleira’ apela á sensatez para non hipotecar o porto de Noia

NOIA> O colectivo Escolleira mantivo unha rolda de contactos cos partidos políticos para coñecer a súa postura sobre o proxecto de recuperación do porto.

{flowplayer}barbanza/escolleira.flv{/flowplayer}

Nas xuntanzas mantidas nos últimos días, os membros do colectivo Escolleira puideron constatar o apoio das agrupacións do BNG e do PP que consideran prioritaria unha actuación que garanta o futuro desenvolvemento do porto. Ó mesmo tempo, a asociación de empresarios amosouse de acordo coa súa proposta mentres que os representantes de Noieses Independentes Agrupados tamén se mostraron receptivos aínda que non concretaron as accións a levar a cabo tralo 22 de maio.

Espazo protexido

Á espera de ser recibidos pola agrupación socialista, os membros de Escolleira tan só agardan que o proxecto que se vai acometer non hipoteque a apertura da vila ó mar a través deste porto histórico. Para iso, contan co apoio de Portos de Galicia e da lexislación.

Dende o colectivo apelan á sensatez das tres administracións para que prime o ben común por riba de intereses partidistas.

Cualifican de oportunista que se plantexe un proxecto deste calado ás portas dunhas eleccións municipais cando non se fixo nada en catro anos.

Redacción Barbanza

Exit mobile version