Canal Rías Baixas

O SPAF Mr. Misto acolle a exposición ‘Inéditos’, de Uxío López

 VILAGARCÍA> A mostra recolle medio centenar de pinturas inéditas e o traballo audiovisual ‘Barullo Branco’.

{flowplayer}images/salnes/EXPO_MR_MISTO.flv{/flowplayer}
O Spaf Mister Misto, en Vilagarcía, acolle dende onte a exposición Inéditos, do artista arousán Uxío López. A mostra recolle medio centenar de obras pictóricas inéditas deste autor, ás que se sumará tamén o traballo audiovisual “Barullo Branco”. Esta peza proxectarase de forma ininterrompida durante os dous meses nos que estará aberta a exposición.
No conxunto desta mostra tamén xoga un importante papel a música escollida polo propio artista, acompañando toda unha panorámica pola traxectoria de Uxío López dende os anos 70 ata a actualidade.
O acto de presentación de Inéditos celebrouse onte no local que a produtora ten en Vilagarcía, cita que reuniu a importantes persoeiros da vida política, cultural e social de toda a comarca arousá.
Redacción Salnés
Exit mobile version