Canal Rías Baixas

A paralización da compra de Alfageme reaviva as protestas das operarias

CAMBADOS> Vinte operarias pecháronse no concello de Cambados para pedir ó alcalde a súa mediación coa Consellería de Economía.

{flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_ALFAGEME_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

Deste xeito as traballadoras esixen unha solución definitiva á súa situación. Un problema que crían rematado grazas á oferta do grupo cántabro El Consorcio polas plantas de Ribadumia e Vilaxoán, coa recolocación de 150 traballadoras e o mantemento dos contratos fixos.

O alcalde cambadés, Luis Aragunde recibiu as traballadoras preto da 1 da tarde. Na xuntanza pedíronlle que fixese de intermediario para conseguir a sinatura do Igape que falta para dar luz verde definitiva á compra das plantas por parte do Consorcio.

Para estas traballadoras a situación xa é insostible e é que o medo que se empeza a estender entre as plantillas é que o grupo El Consorcio, que presentara un proxecto para as plantas de Ribadumia e Vilaxoan retire a súa oferta debido ó tempo de espera pola falta de decisión das administracións.

Ó redor das tres da tarde as traballadoras abandonaron o concello coa promesa do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, de chamalas mañá para convocar unha xuntanza con todas as centrais sindicais. A pesares deste compromiso, dende a CIG informaron que a primeira hora de mañá manterán unha asemblea na fábrica de Ribadumia, e non descartan volver ó concello ata que se comunique a data definitiva.

Redacción Salnés

Exit mobile version