Canal Rías Baixas

O prazo para inscribir equipos de fitosanitarios remata este venres

SALNÉS> Terán que facer este trámite os propietarios de máquinas accionadas por un tractor, así como aquelas carretas con capacidade maior a 100 litros.

O prazo de inscrición obrigatoria de equipos fitosanitarios e de distribución de fertilizantes no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola finaliza pasado mañá, o día 15 de xullo. Segundo a actual normativa, terán que facer este trámite os propietarios de máquinas de tratamentos fitosanitarios que sexan accionadas por un tractor, así como aquelas carretas con capacidade maior a 100 litros. O rexistro poderá realizarse nas Oficinas Agrarias Comarcais coa factura de compra, as características técnicas de maquinaria e a fotocopia do DNI. De non posuír a documentación que demostre a propiedade, o titular deberá presentar na mesma oficina unha declaración xurada.

Redacción Salnés

Exit mobile version