Canal Rías Baixas

Multitudinaria Festa do Polo Asado en Ribadumia

RIBADUMIA> A décimo sexta edición da exaltación deste prato repartiu máis de 1500 racións. Unha cita na que tampouco faltaron outros pratos tradicionais.

{flowplayer}images/salnes/FESTA_POLO.flv{/flowplayer}

O polo asado foi a estrela deste domingo en Ribadumia. Centos de veciños acudiron á Carballeira para degustar este prato do que se repartiron máis de 1500 racións.

Un éxito ó que contribuíron os reducidos prezos do menú: unha ración de polo, outra de polbo e unha botella de viño, só por 7.50 euros.

Tampouco faltou a esta décimo sexta xornada de exaltación a música. O trío Géminis e o dúo Medialuna animaron os asistentes, que participaron dunha verbena concorrida verbena diurna.

E pola tarde, os protagonistas foron os máis pequenos. Xogos e inchables amenizaron para eles o resto do programa.

Ademais da comida e da música, a organización sorteou seis galos, dúas televisións e dúas vaixelas entre os asistentes.

Redacción Salnés

Exit mobile version