Canal Rías Baixas

Cambados promociona os productos hortícolas do Salnés

CAMBADOS> As cooperativas hortícolas cambadesas, Horsal e Hortumia, xunto co Concello de Cambados organizan para o vindeiro domingo unha xornada de…

{flowplayer}images/salnes/xornada_agro.flv{/flowplayer} .

… promoción e degustación dos productos típicos do agro, que cultiva e venden desde o Salnés. Este acto consistirá na degustación de productos tan nosos como os pementos de Padrón ou morróns, leitugas, cebolas, cogombros, tomate, feixóns ou patacas en pratos tan coñecidos como en gazpacho, á grella ou frixidos.

O evento terá lugar o día 24, no salón José Peña, en horario de 12 a 3 pola mañá e de sete a once pola tarde-noite.

Os cooperativistas ofrecerán os seus productos de balde para que sexan degustados polo público asistente; a espectacularidade ofrecerana os restauradores locais, Yayo Daporta e Tonino Botana, do Grupo 9; con cadanseu show cooking ou demostración culinaria a partires das oito da tarde.

Redacción Salnés

Exit mobile version