Canal Rías Baixas

Pazo Baión presenta a súa colleita correspondente ó 2010

VILANOVA> Condes de Albarei pensa comercializar 75.000 botellas deste viño que foi elaborado por primeira vez nas instalacións de Pazo Baión.

{flowplayer}images/salnes/NOVA_COLLEITA_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

Pazo Baión comercializará 75.000 botellas do seu albariño procedente da colleita do 2010 o supón un incremento en 25.000 unidades con respecto á do 2009. Así o destacou esta mañá o asesor técnico da adega, José Hidalgo, quen ademais puxo de relevo que este ano, e por primeira vez, o viño foi elaborado e embotellado nestas instalacións.

Pero non será ata finais do vindeiro mes de agosto cando saia ó mercado este albariño, do cal o 70% se comercializará en Galicia. Desde adega sinalaron, ademais, que este atraso na saída da produción é debido a que o viño foi sometido un exhaustivo proceso de elaboración co que obtiveron un viño máis maduro e saboroso.

Ademais, este viño Pazo Baión elaborado só con uva procedente dos seus viñedos, presenta un deseño totalmente renovado.

En paralelo, Lucía Carballeira fixo un balance das súas actividades para fomentar o enoturismo. As visitas guiadas que realizan polas instalacións que rematan cunha cata comentada cumpriron, polo de agora, as súas expectativas.

Redacción Salnés

Exit mobile version