Canal Rías Baixas

‘A ampliación do Hospital do Salnés é unha necesidade urxente’

VILAGARCÍA> Asegurouno o alcalde de Vilagarcía. Ademais, esta é a postura dos populares do Salnés e así llo trasmitirán mañá á Conselleira de Sanidade.

{flowplayer}images/salnes/ALCALDES_PP_HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}

É unha preocupación dos profesionais, dos cidadáns e dos grupos políticos. Nestes termos referiuse o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, á necesidade de amplialo Hospital do Salnés. Postura que, ademais, comparten os líderes populares dos concello da comarca e así llo fixeron saber á Consellería de Sanidade.

Froito desta petición, mañá a Conselleira reunirase co alcalde de Vilagarcía e o Presidente da Mancomunidade. Nesta xuntanza agardan coñecer en que estado se atopa o proxecto de ampliación do hospital que incluiría a área de urxencias e quirófanos. E é que semella que queda lonxe o millón de euros que no seu día se ía destinar para esta actuación.

A principal mensaxe que lle van transmitir á Conselleira, en palabras de Fole, é amosarlle á Consellería a necesidade de ampliar estas instalacións e que se debe actuar de maneira inmediata. O único obxectivo: seguir garantido a calidade asistencial dos pacientes.

Redacción Salnés

Exit mobile version