Canal Rías Baixas

Samuel Juárez aposta pola investigación na súa visita ó Areeiro

PONTEVEDRA> O Conselleiro do Medio Rural e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, resaltaron a importancia da colaboración entre institucións neste eido.

{flowplayer}images/salnes/VISITA_JUAREZ_AREEIRO.flv{/flowplayer}

Dende a súa apertura, diferentes liñas de investigación dos mundos agrario e forestal concentran a actividade dos profesionais da Estación Fitopatolóxica. O centro depende da Deputación de Pontevedra, mais conta co apoio da Consellería do Medio Rural.

Louzán e Juárez, acompañados por outras autoridades, percorreron as instalacións do Areeiro. Ademais de coñecer os traballos que se están a realizar, Juárez destacou a importancia de apoiar a investigación.

Unha labor que se reflicte nos avances prácticos sobre os produtos.

O estudo e control das masas forestais e sanidade vexetal, é un dos aspectos do traballo do Areeiro que conta coa colaboración da Xunta. Grazas a un convenio asinado o ano pasado, o ente autonómico aporta un total de 260 mil euros para financiar as investigacións neste eido.

Redacción Salnés

Exit mobile version