Canal Rías Baixas

Un praceiro de Ribeira denuncia deficiencias no seu posto

RIBEIRA> Á espera da construción do futuro mercado, as actuais instalacións seguen a presentar numerosas deficiencias.

{flowplayer}barbanza/novadenunciamosquera.flv{/flowplayer}

Así o denuncia un dos vendedores, Xoán Mosquera, para quen resulta difícil traballar nas condicións que presenta a praza de abastos.

Tras retirarlle o posto durante ano e medio, o concello de Ribeira veuse na obriga de devolverlle a concesión o pasado mes de febreiro. Sen embargo, este vendedor denuncia que os cambios que se acometeron na instalación supóñenlle numerosas trabas para desenvolver o seu traballo.

Chan esvaradío

Pero as queixas van máis aló do seu posto en concreto xa que o vendedor volveu denunciar as malas condicións xerais do mercado, concretamente o risco de caídas que supón o seu esvaradío pavimento.

A pesar de que xa lle trasnmitiu as súas queixas ó equipo de goberno, polo momento non obtivo resposta. Semella que tralos seus desencontros co anterior executivo, as relacións coa actual corporación segue o mesmo camiño xa que acusa ó novo edil de mercados de non querer sequera recibilo.

Redacción Barbanza

Exit mobile version