Canal Rías Baixas

O asalto ó quiosco da praza evidencia a necesidade de alumeado público

VILAGARCÍA> A chegada da repartidora de xornais evitou que os dous ladróns puidesen levar máis que algúns doces e cromos.

{flowplayer}images/salnes/AsaltoKioskoVilagarcia.flv{/flowplayer}

Dous mozos asaltaron na madrugada de onte un quiosco situado na Praza de Abastos de Vilagarcía. Os feitos producíronse preto das seis da mañá. Os asaltantes saíron correndo ó seren sorprendidos por unha repartidora que se dispoñía a deixar a prensa no establecemento. Caramelos, doces e cromos foi o botín que levaron. A perda maior para a propietaria do negocio foron os danos ocasionados nas instalacións.

Cambiar o cristal da porta e da fiestra, que nesta ocasión xa é blindado, para evitar que se repita a situación. Un aínda que polo de agora non botaron contas do que lles vai supoñer o incidente agradecen que aparecera a repartidora nese momento e que o roubo non fora maior.

A propietaria do quiosco asegura que estes feitos poñen aínda máis en evidencia o que os comerciantes desta rúa veñen repetindo nos últimos días, a necesidade de dotar esta zona de alumeado, posto que dende que se iniciaron as obras está totalmente a escuras.

Aseguran que antes a rúa estaba moi ben iluminada e polo tanto tamén máis transitada, polo que piden ó Concello que tome medidas ó respecto para que non se repitan estes feitos.

Redacción Salnés

Exit mobile version