Canal Rías Baixas

Educación executará o saneamento do CEIP Salustiano Rey Eiras

POBRA> As obras, na que se investirán uns 50 mil euros, darán comezo a partir do 22 de decembro, aproveitando as vacacións de Nadal.

{flowplayer}barbanza/mellorasceipsalustiano.flv{/flowplayer}

As demandas de toda a comunidade educativa deste centro, tanto profesores coma pais de alumnos, veranse cumpridas unha vez que a consellería de Educación anunciou o seu compromiso de levar adiante a ampliación do saneamento no colexio. Fontes municipais aseguraron de que se trata dunha obra moi necesaria, xa que na actualidade estábase empregando unha fosa séptica para o tratamento das súas augas residuais.

Durante o Nadal

O alcalde, Isaac Maceiras, agradeceu a boa vontade da Consellería que acometerá esta actuación coa máxima brevidade de tempo posible.

Outras melloras

Dende o executivo pobrés tamén lle trasladaron ó representante de Educación outras actuacións necesarias noutros centros educativos da localidade como é o caso da construción dun peche perimetral e a mellora da recollida de augas no Pilar Maestú Sierra.

Redacción Barbanza

Exit mobile version