Canal Rías Baixas

Flores e candeas en memoria das vítimas da violencia de xénero

BARBANZA> A conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, cobrou este ano maior relevancia na comarca do Barbanza.

{flowplayer}barbanza/diacontraviolenciaxenero.flv{/flowplayer}

Non quedou ningún concello por sumarse á celebración desta data simbólica. A maioría fixérono a través de actos conmemorativos, declaracións institucionais ou lecturas de manifestos que congregaron a numeroso público que quixo amosar así os eu rexeitamento á violencia sexista.

Vítimas

En Noia, viviuse esta data de xeito especial xa que a vila permanece aínda conmocionada polo asasinato dunha das súas veciñas durante o pasado mes de maio. Ademais de gardar un minuto de silencio acendéronse candeas, unha por cada unha das vítimas mortais no que vai de ano.

Pero á parte dos actos conmemorativos, dende o centro de información á Muller resaltaron a importancia de traballar durante todo o ano no ámbito da prevención, especialmente entre a mocidade.

Denuncias

Dende a asesoría xurídica do CIM insisten tamén na importancia de denunciar xa que contamos cuns mecanismos xurídicos que garanten a protección efectiva da vítima.

A pesar dos avances sociais acadados en materia de igualdade ó longo das últimas décadas, os datos seguen a dar moito que pensar. No que vai de ano en Galicia tramitáronse 1.110 ordes de protección, cifra que amosa ben ás claras o longo camiño que aínda queda por percorrer ata lograr a plena igualdade entre homes e mulleres.

Redacción Barbanza

Exit mobile version