Canal Rías Baixas

Premios e homenaxes na primera gala Expopress

BOIRO> O Club de Xornalistas de Galicia Expopress celebrou este sábado no restaurante Chicolino a súa primeira Gala Anual.

{flowplayer}barbanza/galaanualexpopress.flv{/flowplayer}

Nela rendeuse tributo ó xornalista Fernando Ónega, á conserveira Frinsa de Ribeira e ó grupo musical Los Chiky´s de A Estrada ó cumprirse o cincuenta aniversario das súas respectivas traxectorias profesionais. Os galardoados recibiron unha escultura deseñada polo artista ribeirense Jontxu Argibay. Ademais foron nomeados socios de honra do club e fíxoselles entrega da Insignia de Prata da Entidade, ó igual que á Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa Norte presidida por Manuel Domingo Rodríguez.

Premios 2011

No transcurso da gala, procedeuse tamén á entrega dos premios Expopress 2011 como recoñecemento á promoción turística, cultural e empresarial de Galicia. Un dos galardoados foi o grupo empresarial Gadisa polo seu liderado no sector da distribución de alimentación ó longo deste 25 anos. Destaca ademais o seu programa de Responsabilidade Social Corporativa e o seu compromiso de mecenado non só cos grandes acontecementos sociais, culturais e deportivos senón tamén cos colectivos máis modestos. O encargado de recoller o premio foi o director de marketing do grupo, Antonio Cortés.

A asociación artesá e etnográfica O Faiado 2 presidida por María Luisa López foi tamén distinguida pola divulgación da herdanza cultural legada polos nosos ancestros.

 O outro premiado foi o presidente da Coalición de Sociedades Españolas nos Estados Unidos ‘Xacobeo USA’, Anselmo Millán, pola súa defensa dos interesas da comunidade galega nos Estados Unidos.

A gala, que contou coa presenza de diversas autoridades e representantes sociais da comarca, estivo presidida polo director xeral de Medio da Xunta, Alfonso Cabaleiro, e o presidente do Club Expopress, Jesús Souto.

Redacción Barbanza

Exit mobile version