Canal Rías Baixas

A Praza de Portonovo estrea tótem multimedia

SANXENXO> A Praza de Portonovo foi a primeira en estrear o novo tótem multimedia co que ven de dotado a Consellería de Economía e Industria,…

{flowplayer}images/salnes/totems_interactivo_portonovo.flv{/flowplayer}

… a través da Dirección Xeral de Comercio. Este dispositivo, que se instalará tamén a xeito de proxecto piloto nos mercados municipais do Grove, O Porriño, Bueu e Caldas, servirá para achegar a poboación ás novas tecnoloxías ó tempo que moderniza estes espazos de venda de productos frescos.

A instalación destes puntos de información son un paso máis na implantación do Plan Ágora que inclúe o proxecto Recomercia deste departamento autonómico. Con el séguese adiante na dinamización destes espazos de venda tradicionais.

Esta dotación ven a unirse a outras accións da Consellería que dirixe Javier Guerra, que tamén ten en marcha unha convocatoria de axudas para a dinamización e modernización doutros eidos destas prazas de abastos, co fin de facelos máis competitivos.

Redacción Salnés

Exit mobile version