{flowplayer}barbanza/ofrendascastelao.flv{/flowplayer}
Tal día como hoxe, hai 126 anos, nacía en Rianxo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen transcorrido máis dun século converteríase nun símbolo para tódolos galegos.
Co fin de reivindicar o seu legado, non só cultural, senón tamén político e ético, un ano máis os veciños da súa vila natal realizaron unha ofrenda floral ante o seu busto no paseo da Ribeira.
Colaboración
O alcalde nacionalista aproveitou a ocasión para tender pontes con outras institucións e colectivos que contribúan a divulgar a figura de Castelao, entre elas, a fundación que leva o seu nome.
Nesta ocasión non puido estar presente por problemas de saúde, o seu presidente Avelino Pousa Antelo que nos seus anos á fronte da fundación nunca faltou á ofrenda. Foi o vicepresidente o encargado de dedicar unhas verbas ó que cualificou como representante da dignidade galega.
Ademais dos actos institucionais organizados polo concello, este ano as Novas Xeracións de Galicia elixiron tamén a súa terra natal para homenaxear ó rianxeiro máis universal.
Redacción Barbanza